Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

11/11/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 11/11/16

Queres coñecer cal foi a actualidade ambiental da semana en Galiza? Este é o teu espazo!

09/11/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

A prol do transporte público e da bicicleta en Ferrolterra

ADEGA-Ferrolterra desenvolve unha campaña a prol do uso do transporte público colectivo e da bicicleta, ante a constancia da baixada de usuarios nestas dúas formas de desprazamento urbano e metrapolitano que deberían ser prioritarias.

07/11/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Unha sentenza perigosa para a protección da traza histórica dos Camiños a Santiago

O Foro do Camiño Primitivo vén de denunciar publicamente os efectos que terá para o futuro da protección dos Camiños a Santiago unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que denega un recurso presentado por esta plataforma contra a delimitación oficial da vía xacobea primitiva. A sentenza resolve que existe un baleiro legal sobre baixo que criterios deben delimitarse os trazados dos camiños de peregrinaxe a Santiago e descataloga como criterio principal a seguir a autenticidade e historicidade dos Camiños. Este espazo acolle a valoración que fai o Foro do Camiño deste fallo doTSXG.

04/11/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 04/11/16

Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental en Galiza! Tan só en 10 minutos facemos repaso das novas máis sobresaíntes na última semana.

02/11/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lousame, un vertedoiro ou un centro de xestión ambiental?

Logo dos proxectos de vertedoiro de Trazo e Ordes, chega o proxecto do "Centro de xestión ambiental" de Lousame, o terceiro vertedoiro máis grande en dimensión de Galiza e que estaría colocado a carón da planta de compostaxe do Barbanza. ADEGA alegou contra a autorización ambiental deste proxecto por considerar que o agocha un gran macrovertedoiro no que o 80% dos refugallos non recibirían ningunha clase de tratamento e irían a vertido directo.

31/10/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Accións urxentes despois dos incendios forestais

Desde hai 3 anos, a Xunta determina como actuar nos terreos queimados unha vez apagado o lume coa axuda da Guía de Accións Urxentes despois dos incendios forestais. Un eido no que Galiza se está a converter en referente, tras o revulsivo que a vaga de lumes de 2006 xerou na investigación relativa á prevención da erosión do solo en terras queimadas, sobre todo, en ladeira e preto dos ríos. Dos contidos destaguía, elaborada polo Centro de investigación forestal de Lourizán, as universidades de Vigo e Santiago e o Instituto de Investigacións agrobiolóxicas de Galicia, fálanos a investigadora no Centro de Lourizán, Cristina Fernández. Segundo esta guía, o acolchado ou o "mulching" con palla  da terra queimada é a alternativa máis eficiente e resultante na recuperación dos solos, como acción inmediata tras o incendio.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal