Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

23/12/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 23/12/16

Na véspera da fin de semana de Natal, ofrecémosche nun resumo de 10 minutos as novas de Galiza desta semana máis destacadas sobre ecoloxía e medio ambiente. 

21/12/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Por unha faixa de protección contra os lumes para os petróglifos

O colectivo compostelán A Rula pide ás admiinistracións que subministren maior amparo á arte rupestre de Galiza a través da lexislación, obrigando a establecer unha faixa de protección ao redor dos petróglifos. A intensificación da industria forestal dos últimos tempos e a incidencia dos lumesnos montes galegos están a situar este tipo de patrimonio no  peor dos seus momentos. As previsións de extensión do eucalipto nitens agudiza a urxencia da toma de medidas. Por outro lado, as contas da Rula desmonta a tese, ás veces trasladada á opinión pública polas administracións públicas, de que é imposible protexer todo o patrimonio cultural que temos no monte galego.

19/12/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os cultivos enerxéticos e a biomasa: a nova ameaza do territorio galego

O monte galego e, por extensión, o total do territorio galego enfróntase a unha nova ameaza ambiental e socioeconómica provocada pola aposta do goberno autonómico pola biomasa e os cultivos enerxéticos con especies exóticas de crecemento rápido, como o bambú, a acacia ou o eucalipto nitens. ADEGA alerta das consecuencias da liberalización do sector en Galiza e da inxente cantidade de superficie que as empresas da biomasa precisarán para poder planta e queimar en ciclos curtos. 

16/12/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 16/12/16

Escoita as novas ambientais do país galego máis destacadas da última semana. Escoita o boletín informativo ambiental de Radio Cerna!

14/12/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

As toalliñas desbotables: un engano publicitario con gran impacto ambiental

A OCU vén de denunciar o engano publicitario das toalliñas húmidas desbotables. Nin son desbotables nin biodegradables, segundo un estudo realizado por esta organización de consumidores. Os impactos que provoca o incremento no uso deste produto na rede de sumidoiros e nas augas en xeral están a producir graves danos no ambiente e tamén nas arcas públicas.

12/12/2016   [00:10:00]   [5.76 MB]

Avances cara a abolición da tauromaquia e dos circos con animais en Galiza

2016 foi un ano de avances en materia de protección animal. Existe un novo proxecto de lei do benestar animal, xa hai 20 concellos galegos contrarios á celebración de espectáculos taurinos e 59 concellos galegos que se declaran libres de cirscos con animais. Segundo datos do Ministerio de Cultura, as touradas en Galiza reducíronse á metade desde o ano pasado e a porcentaxe de público asistente só é do 0,3%. Os colectivos animalistas albiscan para 2017 a abolición total das touradas en territorio galego.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal