Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

21/11/2024   [10:00:00]   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 22/11/24

ADEGA denuncia ante a Audiencia Nacional a autorización das obras do treito II da A-57, en Pontevedra. Doutra banda, a organización procura fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o proxecto eólico Monteiro, nos Ancares e na Fonsagrada. O Banco Central Europeo alerta das consecuencias da degradación dos ecosistemas sobre a inflación e o crecemento económico. E comezou esta semana un xuízo inédito con dúas grandes multinacionais implicadas: Iberdrola e Repsol. Isto e máis, en Radio Cerna! 

14/11/2024   [10:00:00]   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 15/11/24

Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos do concello. Isto e máis, en Radio Cerna! 

07/11/2024   [10:00:00]   [7.09 MB]

Boletín informativo ambiental 08/11/24

Comezamos este boletín co freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes; e coa autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de Alcoa. Ademais, Xunta de Galiza encarga un mapa de zonas inundables por máis de 266.000 euros seis días despois da catástrofe de Valencia. Tamén a Xunta quere reactivar 60 dereitos mineiros antes de que remate este ano. Isto e máis, en Radio Cerna!

31/10/2024   [10:00:00]   [7.15 MB]

Boletín informativo ambiental 01/11/24

A maior DINA do século XXI no Estado asola o País Valenciá. O canon eólico en Galiza fai 15 anos de vida e o goberno galego expón mudalo. A Xunta de Galiza acudirá ao TXUE para defender os eólicos paralizados cautelarmente polo TSXG. O Consello da Cultura Galega defende o rigor científico do informe sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. Isto e máis, en Radio Cerna!

24/10/2024   [10:00:00]   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 25/10/24

O Partido Popular de Galiza rexeita a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e o marisqueo tradicionais. Tamén no Parlamento, esta semana aprobouse a Lei de Recursos Naturais de Galiza, a primeira norma da lexislatura. En materia eólica, a organización ecoloxista ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II, no concello de Mazaricos; e ademais, o Tribunal Supremo avala unha paralización cautelar dun parque eólico decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Viaxamos ao corazón de Galiza grazas ao descubrimento de novas galerías na cova da Sima de Aradelas, no Courel. Isto e máis, en Radio Cerna!

17/10/2024   [10:00:00]   [7.00 MB]

Boletín informativo ambiental 18/10/24

A organización ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica conseguen paralizar cautelarmente outro proxecto eólico na montaña de Lugo. No mar, a Xunta prevé que en 2025 se autoricen en Galiza 5 proxectos de eólica mariña. En materia de turismo, Sanxenxo multiplica por 7,5 as persoas residentes durante o verán e un estudo alerta dos impactos ambientais desta situación. As rías galegas sofren o efecto deste turismo masivo e do cambio climático. Doutra banda, a educación ambiental chega á rapazada lucense da man de ADEGA e do programa de Medio Rural da Deputación de Lugo, Da Escola á Granxa. Isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal