![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Segunda edición dos concursos de fotografía e relatos polo territorio e novo de curtas: Participa! |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() ![]() ![]()
II Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO” As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos.
O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de outubro do 2012.
II Concurso “O LUGAR ONDE VIVO” Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participantes poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo (Ronda das Fontiñas, 180, entresollado B, 27002-Lugo)
Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de outubro de 2012.
I Concurso de curtas “E TI QUE É O QUE VES?” Poderá paticipar calquera persoa, afeccionada a creación audiovisual que por medio dunha curtametraxe de ficción, documental, animación…desexe denunciar calquera afección negativa ao noso país ou evidenciar a posta en valor dun espazo degradado. Cada participante poderá presentar un máximo de catro curtametraxes. Os traballos de vídeo ou animación crearanse en dixital e presentaranse en formato DVD. As curtas terán un máximo de 5 minutos de duración, incluidos os créditos de principio e final. Os traballos remitiranse por correo postal certificado á Delegación de Adega-Lugo, sita en Ronda das Fontiñas 180 entresollado B, 27002 LUGO. Opcionalmente poderanse entregar os traballos en man nas oficinas de ADEGA-Lugo no enderezo antedito, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Para máis información: 982240299, 667096124, 639664924. |