Traballos de voluntariado na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 6. Novembro 2010, 11:00
|
|
TRABALLOS DE VOLUNTARIADO E ACONDICIONAMENTO
Eira da Xoana. Ramil (Agolada). Sábado, 6 de novembro. Para chegares: consulta o mapa da dereita ou esta ligazón do GOOGLE MAPS
PROGRAMA 11.00 h Comezo dos traballos de acondicionamento que van consistir en labores de roza no exterior e de lixado e pintura, no interior da casa. Antes de xantar apañaremos algúns cogumelos que, como vimos o sábado pasado, hai ben deles, para acompañar a comida. 14.00 h Xantar (cada un/unha leva o seu e partillamos os cogumelos) 15.00 h Continuación dos traballos. 18.00 h Visita ás “ Torrentes do Ulla”. 19.30 h Remate da actividade. Notas: Apontarse antes do venres, día 5, chamando ao tel. 638 475 322 (Marcial, ADEGA-Alto Ulla)
Traede calzado axeitado e algo de comida que, se queredes, compartillamos. O bom humor,... iso xa é cousa de todos/as. |
Volver
|