Concentración no Obradoiro: Día Mundial do Medio Ambiente 2010 |
|
|
Domingo, 6. Xuño 2010, 12:00
|
|
Este vindeiro domingo 6, ás 12 h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e sociais galegas convocámosvos a unha concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2010. Baixo o lema "O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE" escenificaremos as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordeamento do territorio que vimos padecendo. Como remate, daremos lectura a un manifesto en defensa do noso territorio e pola conservación dos seus valores naturais asinado polas organizacións convocantes.
Non faltes á cita! deixa ouvir a túa voz no Obradoiro en defensa da Terra!
NOTA: para colaborar na "performance" recomendámosche que acodas con chaleque refectante (os usados en caso de emerxencia no veículo, ou os dos peóns que circulan pola estrada), ou funda de obra e/ou casco. Trataremos de "edificar" uns chalés adosados na Praza do Obradoiro. |
Volver
|