Manifestación contra as autorizacións ambientais a Ence |
|
|
Venres, 21. Outubro 2011, 20:30
|
|
NON Á RENOVACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS A ENCE E ELNOSA!
Cando hai 3 anos o goberno bipartito da Xunta concedía as autorizacións ambientais (AAI) a ENCE e a ELNOSA, denunciamos a irregularidade do proceso e a ilegalidade da concesión. Hoxe, a piques de rematar o prazo da concesión, esiximos á Xunta do PP que non renove estas autorizacións porque seguen existindo as mesmas irregularidades e ilegalidades. Nin ENCE nin ELNOSA teñen solicitado os preceptivos informes urbanísticos ao Concello de Pontevedra, polo que –de acordo coa Lei- a Xunta tería que dar por finalizado o proceso de tramitación da renovación das AAI. Ademais, as AAI concedidas son ilegais porque fixan parámetros de vertido moi por riba dos establecidos na Lei de augas residuais urbanas e porque permiten verter mercurio e cadmio á Ría, algo que a Lei de Augas de Galicia prohibe agás cando eses metais pesados proveñan das materias primas utilizadas no proceso industrial, circunstancia que non se dá no caso de ENCE e ELNOSA. De acordo coa Lei, as AAI non se poderían renovar nestas condicións. E non podemos aceptar a chantaxe das direccións empresarial e sindical de ENCE e ELNOSA, que aproveitan a situación de crise económica e a perda de postos de traballo na comarca para tentar permanecer en Lourizán mais alá do 2018; non podemos esquecer que ENCE e ELNOSA, lonxe de ser a solución, son parte do problema ao impedir a creación de milleiros de postos de traballo derivados da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos. A presenza do complexo ENCE-ELNOSA en Lourizán hipoteca o futuro da comarca. Por eso é fundamental manter a loita, pois só coa mobilización seremos quen de impedir a continuidade do complexo no seu actual emprazamento e a recuperación da Ría; de feito, a decisión do bipartito de conceder as AAI por só 3 anos deixou ver as dificultades do goberno galego para xustificar a concesión diante dunha opinión pública que esixe a saída do complexo de Lourizán e –nese sentido- supuxo unha victoria do movemento social liderado pola APDR. Hoxe, con esta nova mobilización, esiximos que se cumpra a legalidade e non se renoven as AAI a ENCE e ELNOSA, un primeiro paso para conseguir a victoria definitiva: unha Ría libre do complexo ilegal e contaminante e a recuperación do medio ambiente, a nosa economía e a nosa saúde.
PORQUE AAI RAZÓNS ABONDO: ENCE-ELNOSA FÓRA XA!
VENRES 21 DE OUTUBRO
MANIFESTACIÓN CONTRA A RENOVACIÓN DAS AAI
SAÍDA ÁS 20:30 HORAS DA PRAZA DA FERREIRÍA
|
Localización : http://www.apdr.info/principal.htm |
Volver
|