Manifestación antitouradas en Pontevedra |
|
|
Sábado, 13. Agosto 2011, 20:00
|
|
As tempadas taurinas, as escolas e as gandeirías son financiadas con diñeiro público que tamén pagamos as galegas e os galegos, que somos os que menos interese temos nas touradas en todo o Estado. Segundo diversas enquisas, o 90% consideramos que a tortura dos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca asistimos nen asistiremos a unha corrida de touros. Por todo isto demandamos: 1. O cese inmediato de axudas encobertas ás touradas por parte de todas as Institucións Públicas, nomeadamente a Deputación de Pontevedra, principal soporte público na nosa cidade. 2. Que o Parlamento de Galiza modifique a "Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade" que exclúe no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades. 3. O cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a supresión nos programas de festas editados polo noso Concello. 4. A declaración de Pontevedra como "Cidade Antitouradas e amiga dos Animais". 5.Areconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos. A TORTURA NON E ARTE NEN CULTURA CONTRA AS TOURADAS
|
Volver
|