Homenaxe ás vítimas da represión |
|
|
Sábado, 18. Agosto 2012, 10:15
|
|
SÁBADO 18 DE AGOSTO: «HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN»
ADEGA e a Asociación Cultural “O Galo” de Compostela, súmanse á homenaxe que xa viñan facendo cada ano outras organizacións.
Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da «longa noite de pedra».
O acto está aberto a todas as organizacións que se queiran sumar a esta celebración.
PROGRAMA:
10.15 h => Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.
10.30 h => Comezo do acto en Sá (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida do Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño.
A continuación iremos cara a Toques, onde homenaxearemos a:
- Ramón Rodríguez Varela (O Curuxás)
- Delfino Liñeira Fraga (Ferroviario)
14.00 h => Chegada á Eira onde teremos un xantar de confraternidade.
17.00 h => Inauguración dun monólito en honra aos “fuxidos”.
19.00 h => Remate da Actividade.
NOTAS:
Para máis información contacta con Pepe ou Marcial |
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|