Recolla simultánea de sinaturas contra a incineración |
|
|
Venres, 11. Xaneiro 2013, 10:00
|
|
RECOLLA SIMULTÁNEA DE SINATURAS CONTRA A INCINERACIÓN E A PROL DA RECICLAXE
Preto do peche da “Campaña de Recollida de Sinaturas,” DURANTE OS DÍAS 11 e 12 DE XANEIRO DE 2013 terá lugar UNHA NOVA RECOLLIDA DE SINATURAS NAS RÚAS DE TODA GALIZA por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración.
Con esta iniciativa lexislativa popular pretendemos que se debata no Parlamento a actual Lei de residuos e sexa modificada adaptándose á lexislacion europea, respetando as prioridades establecidas para a xestión do lixo; queremos que se adopten medidas efectivas de prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe e compostaxe; e queremos que se exclúa a incineración como opción para o tratamento de residuos en Galicia.
Entre os obxectivos están: a redución dun 10% da xeración da cantidade de lixo xerada, a recollida separada para reutilización e reciclaxe do 60% de cada unha das fraccións do lixo e no caso da materia orgánica que se priorice a compostaxe ben sexa compostaxe caseira, comunitaria ou industrial.
Para acadar estes obxectivos precisamos 15.000 sinaturas; por esta razón, precisamos que vos acheguedes a algún destes puntos de recollida e asinedes a petición.
Concello
|
Lugar
|
días
|
horario
|
colectivo
|
A Coruña
|
Zona de Riazor
|
11
|
17.30 a 19.30
|
ADEGA A Coruña
|
Compostela
|
Mercado de Abastos
|
12
|
Mañá
|
Verdegaia
|
Compostela
|
Praza Roxa
|
11 e 12
|
Mañá e tarde
|
ADEGA
|
Compostela
|
Biblioteca Concepción Arenal
|
11
|
A partir das 12
|
Comités
|
Lugo
|
Carrefour (ao lado do Miño)
|
11
|
11 a 13 e de 17 a 21
|
ADEGA
|
12
|
11 a 14 e de 18 a 21.
|
Ourense
|
Rúa do Paseo
|
11
|
11h- 20h
|
Amigos da Terra
|
O Carballiño
|
Praza Maior
|
11
|
A partir das 19
|
Plataforma
|
O Carballiño
|
Auditorio
|
12
|
18h a 23h
|
Plataforma
|
Pontevedra
|
A Peregrina
|
12
|
A partir das 12
|
APDR
|
A Coruña
|
Biblioteca ed. Xoana Capdevielle
|
11
|
10.30h a 12.30
|
Oficina de medio ambiente da UDC
|
Fene
|
Perlio Ferión
|
13
|
A partir das 11.30
|
ADEGA- Ferrol, Verdegaia e SGHN
|
Agolada
|
Feira
|
12
|
Mañá
|
INCINERADORA NO DEZA NON
|
Lalín
|
Pza da Igrexa
|
11
|
Tarde
|
INCINERADORA NO DEZA NON
|
Ponteareas
|
Rúa Oriente
|
12
|
Mañá
|
ADENCO/FEG
|
|
Volver
|