Mercados ecolóxicos en defensa da Terra en Quilmas |
|
|
Domingo, 14. Xullo 2013, 10:00
|
|
A Cooperativa de Agric. Ecolóxica Raínha Lupa, SCG e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas están a organizar, por terceiro ano consecutivo, unha reste de Mercados Ecolóxicos Tradicionais nos que, nas sucesivas edicións deste verán, recollerase unha representación da horta ecolóxica galega e do produto labrego, artesanía de proximidade e oficios tradicionais, proxectos ecolóxicos que traballan nas enerxías e na bioconstrución, colectivos e asociacións xuntos nunha mostra ao ar libre. A razón vital destes marcados é poñer a disposición das persoas alimentos producidos nas hortas e casas labregas galegas e así visualizar a capacidade do traballo que se está a realizar para manter a fertilidade do solo e desenrolar unha economía de proximidade baseada na sostibilidade e o respeto ao medio ambiente. O vindeiro mercado, este domingo 14 de xullo. Agardámoste!
Máis información e contacto: Cooperativa de Agric. Ecolóxica Raínha Lupa, SCG Lgr. de Quilmas Nº 24 Bx 15295- CARNOTA (A Coruña) Tlf: 981 760 227
Para o seguemento: https://www.facebook.com/rainha.lupa.5?ref=tn_tnmn http://cooperativadeagriculturaecoloxicarainhalupa.wordpress.com
|
Volver
|