Actividades Eira da Xoana: festa da cabra en Ramil |
|
|
Domingo, 14. Agosto 2011, 12:30
|
|
DOMINGO 14 DE AGOSTO: FESTA DA CABRA EN RAMIL
Este é o día onde, na freguesía de Ramil, se celebra a festa do ano. Hai festa rachada, con cabalos, xogos, orquestras, etc. Nós unímonos, como veciños que somos, e facemos a nosa aportación con música, xogos e imos tentar xunguir unha parella de vacas ao carro milenario do Camilo.
PROGRAMA:
12.30 h => Encontro na Eira para recebir a xente que ven para a festa e convidala a que visite a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparar as cousas necesarias para o xantar.
13.45 h => Concerto no campo da festa
13.45 h => Xantar na Eira ( cada persoa trae o seu )
A organización pon un lacón asado e cafés para todos. Os musicos, como é lóxico, están convidados. Continuaremos o noso convivio toda a tarde, até o serao. Á noitiña, como é costume tocarán as orquestras para dar o axeitado remate á festa.
NOTAS:
- Esta actividade custa 10 euros ( 7 socios)
- Confirmación da asistencia antes do xoves 11 os tfs. 659 683 384 (Pepe) ou 638 475 322 (Marcial) ou no mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|