Marcha en defensa da planta de Lousame |
|
|
Martes, 19. Outubro 2010, 06:00
|
|
Marcha en defensa da planta de tratamento de residuos de Lousame
Os traballadores e traballadoras da planta de tratamento de residuos de Lousame marcharán andando desde a planta até Compostela, para facer un chamamento á corresponsabilidade de todas as instancias implicadas: empresa, Xunta de Galiza, concellos e ECOEMBES para garantir a súa continuidade.
Os traballadores/as concentraranse ás 5:30h de mañá martes, día 19 de outubro, diante das instalacións da empresa, en Lousame, para iniciar a marcha ás 6:00h da mañá. Teñen previsto pasar por Bertamiráns entre as 8:30 e as 9:00 horas e chegar á altura do Campus contra as 13:00 horas.
Desde a rúa Rosalía de Castro, á altura do campus, percorrerán as rúas de Compostela en manifestación para rematar cunha concentración diante da consellaría de Medioambiente, en San Lázaro.
|
Volver
|