I Encontro Solar na UDC |
|
|
Martes, 5. Xuño 2012, 11:00
|
|
ADEGA e a oficina de medio ambiente (OMA) organizan o primeiro encontro solar na UDC. Esta actividade pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso O sol é o principal responsable da vida no planeta; regula o ciclo da auga e contribúe a súa depuración, orixina os ventos polas diferenzas de presión, produce a fotosínte, etc., é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía; hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos, porén, o seu uso aínda está moi pouco estendido. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamentos preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático. Neste encontro pretendese divulgar as bondades desta fonte de enerxía limpa, gratuíta e inesgotable que leva xa enchufada uns cinco mil millóns de anos. Ademais este é o ano adicado á eficiencia enerxética e celebramos este evento no día adicado ao medio ambiente. As actividades comezarán o martes as 11.00h na praza da Fraga. Con cociña solar, obradoiro de construción de forno solar , chocolatada con sol… e durante toda a mañá exposición de trebellos solares e a exposición enchúfate ao sol |
Localización : Praza da Fraga (Campus A Zapateira) Contacto :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|