Cinema Europeo en Ruta |
|
|
Venres, 27. Abril 2012, 19:00
|
|
Chega a Compostela a mostra itinerante Cinema Europeo en Ruta, co lema "O noso cinema dá que falar". Será os días 27 e 28 de abril na Sala Mozart do Auditorio de Galiza.
Despois das proxeccións das fitas, haberá un debate aberto sobre a sustentabilidade no que participarán Ana Miranda, Francisco Millán, Antolín Sánchez Presedo e Sarah Lambert. A entrada a todas as sesións será gratuíta até completar o aforo.
FILMES:
O venres 27, 19:00 horas: Home (Yann Artrus-Bertrand, 2009). Ás 20:30 horas, a palestra versará sobre a sustentabilidade e participarán os membros da CE e do Parlamento Europeo Ana Miranda, Francisco Millán, Antolín Sánchez Presedo e Sarah Lambert.
Sábado 28, 19:00: Exit through the gift shop (Bansky, 2012) e, ás 20:30 horas, O esforzo e o ánimo (Arantxa Aguirre, 2010). |
Volver
|