Montañas en Rede 2010: as montañas SI importan! |
|
|
Sábado, 29. Maio 2010, 08:00
|
|
Os días 29 e 30 de maio ADEGA e RedMontañas convocan a 5ª edición de “MONTAÑAS EN REDE”, unha iniciativa reivindicativa dirixida a todas as persoas preocupadas polo futuro das montañas. O 2009 houbo 179 ascensións en toda a península, 20 delas na Galiza para reivindicar a protección das montañas. O lema deste ano é AS MONTAÑAS SI IMPORTAN !!
Participar é moi doado:
1. Descarrega a túa FAIXA MONTAÑAS 2010 (1 Mb)
2. Sobe á montaña/cumio/outeiro que prefiras e con quen prefiras (tamén podes ir ti só/a, pero ten moito coidado!!)
3. Facede unha foto no curuto coa vosa faixa.
4. Cando volvas a casa, sobe a túa foto á Galería Montañas en Rede 2010. Se queres, podes mandala tamén a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando o cumio, autor/a e problemática do lugar e subirémoscha nós.
Este ano, hai tamén un CONCURSO FOTOGRÁFICO e de historias da montaña. Baixa as BASES (61 Kb) e participa! |
Volver
|