Palestra sobre a piscicultura industrial en Compostela |
|
|
Xoves, 24. Marzo 2011, 20:30
|
|
Este xoves 24 ás 20:30 na Gentalha do Pichel haberá unha palestra a cargo de Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, sobre os impactos ambientais da piscicultura industrial tanto en terra (Plano Acuícola e plantas de rodaballo) coma no mar (salmón), esta última de actualidade pola intención da empresa North West Food de instalar gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros.
Proxectarase o documental "Salmonopoly" sobra a problemática da piscicultura do salmón en Chile e de seguido faremos un coloquio. |
Volver
|