2 de febreiro, Móllate polos Humidais! |
|
|
Mércores, 2. Febreiro 2011, 10:00
|
|
Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto desenvolver nesas datas diversas actuacións encamiñadas a mellorar o estado ecolóxico de dous humidais protexidos; nomeadamente nas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña).
As intervencións pretenden divulgar os seus valores e problemáticas realizando actuacións dirixidas á eliminación de especias exóticas invasoras. Os traballos realizaranse con voluntariado ambiental coordinados por persoal técnico do Proxecto Ríos-ADEGA, seguindo en todo momento as indicacións que establezan os servicios de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza e do Ministerio de Medio Ambiente, dacordo cos protocolos para a erradicación de especies exóticas invasoras.
Como actuacións previas para dar a coñecer a acción que se desenvolverá o día 2 de febreiro realizaranse:
-Charlas divulgativas para dar a coñecer os valores e as problemáticas dos humedais costeiros e para presentar as actuaciones á población local e fomentar a sua participación na acción central do dia 2 de febreiro.
-Actividades cos centros educativos cercanos: Realizaranse actividades (charlas, talleres e salidas.), destacando a importancia dos humedais e a sua conservación. Con esta acción pretendese involucrar tamén á comunidade educativa no proxecto.
Baixa a Tarxeta humidais (941 Kb) coa información do acto.
PROGRAMA
09.00 Saída dende Santiago de Compostela 10.00 Parada en Porto do Son 10.30 Chegada: presentación da actividade 10.30 Roteiro polas lagoas 12.00 Comezo dos traballos de eliminación 14.00 Xantar 15.30 Continuación dos traballos 17.00 Remate dos traballos e foto de grupo 17.30 Regreso
As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro poden apuntarse no seguinte enderezo:
Ramsés Pérez
Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50
|
|
Volver
|