Debate público sobre o estado do Umia e as solucións |
|
|
Venres, 5. Novembro 2010, 20:00
|
|
AUDITORIO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS
- OS PROBLEMAS AMBIENTAIS E DE SAÚDE RELACIONADOS COAS CIANOBACTERIAS
por
Fernando Cobo Grandín: Profesor Títular do Departamento de Zooloxía da USC
Director da Estación de Hidrobioloxía “Encoro de Con” (Vilagarcía)
- UNHA SOLUCIÓN PARA A MICROCISTINA: SENTIDO COMÚN, XUSTIZA E LEGALIDADE
por
Daniel López Vispo: Licenciado en Ciencias Químicas. Profesor de EE.MM
Vogal da Directiva de ADEGA
Organizan:
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Plataforma para a Defensa do Umia
Un verán máis, ante a xa reiterada proliferación de cianobacterias no encoro do Umia, tivo o concello de Caldas que recurrir a camións cisternas para abastecer á poboación da vila.
Un verán máis, a ETAP de Caldas de Reis, -a pesar dos seus filtros de carbono activo e do seu tratamento con Ozono-, ten demostrado que non da eliminado a microcistina da auga e que non pode, pois, asegurar a salubridade da auga potable.
Un verán máis todos e todas temos que asumir un sobrecusto no tratamento e un sobrecusto de abastecemento por unha auga que, por riba, nin sequera chega a ser legalmente potable.
É, POIS, URXENTE E É ABSOLUTAMENTE PRIORITARIO PORSE A TRABALLAR NA SOLUCIÓN DO PROBLEMA
|
Volver
|