Festa do mel na Eira da Xoana |
|
|
Domingo, 12. Setembro 2010, 11:00 - 17:00
|
|
F E S T A D O M E L
Eira da Xoana (Ramil- Agolada) Ligazón GOOGLE Maps
Despois da instalación das colmeas e cortizo no cume dos terreos da Eira da Xoana (Cotón dos fogos), no pasado mes de maio, o voluntariado ambiental de ADEGA, realizou a primeira colleita de mel da súa casiña.
Animamos a todas e a todos a catar o “doce suco” da terra que as nosas abellas prepararon durante a primavera e o verao.
Domingo, 12 de setembro
11.00 h
1.- Envasado do mel
2.- Cata de diferentes castes de mel
3.- Degustación : comprobaremos a marabillosa
combinación con outros produtos: froitos secos,
queixo, iogur, etc
13.30 h X a n t a r (cada un leva o seu ).
15.00 h Roteiro polas zonas limítrofes protexidas e con especial interese apícola
Nota: As persoas interesadas, chamen ao tlf. 638 475 322 (Marcial)
Colabora: AGA, Asociación Galega de Apicultura
|
Volver
|