Limpeza do río Lagar na UDC |
|
|
Xoves, 1. Decembro 2011, 11:00
|
|
Outro ano máis, o Proxecto Ríos en colaboración coa Universidade da Coruña comezan as actividades cos "bolseiros verdes". O vindeiro día 1 de decembro coa limpeza do río Lagar ao seu paso polo campus da Elviña, esta actividade comezará as 11h. Á incorporación a calquera das actividades é libre en calquera intre.
O desenvolvemento de programas de voluntariado ambiental na UDC, estarán asesorados por parte da equipa de Proxecto Ríos. Estas actividades teñen como misión mellorar a formación persoal e concienciación da comunidade universitaria no seu conxunto. No ano 2012 se realizarán máis actividades promovidas por este grupo de estudantes que crearán alternativas, e divulgarán entre o estudantado o importante da conservación do medio natural.
Máis info nesta ligazón |
Localización : punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña). Contacto :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|