Eira da Xoana: Festa da parroquia de Ramil |
|
|
Domingo, 12. Agosto 2012, 10:30
|
|
Domingo 12 de agosto. Este é o dia onde, na freguesía de Ramil, que acolle a nosa Eira da Xoana, se celebra a festa do ano. Nós unímonos, como veciños/as que somos, e facemos a nosa achega.
PROGRAMA:
10.30 h => Encontro na Eira para recibir á xente que veña á festa e convidala a que visite a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparar as cousas necesarias para o xantar.
13.45 h => Concerto no campo da festa.
15.00 h => Xantar na Eira. Haberá empanadas, lacón asado e viño ou sidra. Sobremesa con queixo e marmelo máis o café. Aportación solidaria 12 € (10 € socios).
17.00 h =>A casa permanecerá aberta a todas as persoas que queiran achegarse e pasar unha tarde de festa. Haberá sesión de xogos populares para pequen@s e maiores.
NOTAS:
- A xente que queira xantar deberá anotarse antes do Xoves día 9. Para facelo contactar con Pepe ou Marcial .
- A festa continuará pola noite no campo da festa coa actuación da Orquestra Pontevedra
- Aloxamentos máis próximos:
|
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|