Son D'Aldea 2012 |
|
|
Xoves, 6. Setembro 2012, 09:00
|
|
DÍAS 7 E 8 DE SETEMBRO: SON d´ALDEA
Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.
Haberá tamén unha Mostra de Artesanía Alimentaria e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.
É IMPRESCINDÍBEL ANOTARSE. PRAZAS LIMITADAS.
Tede en conta que despois do 1 de Setembro suben os prezos das actividades.
Para máis información e inscrición consulta a web de Son d´Aldea |
Contacto : http://www.sondaldea.com/p/inscricions-e-contacto.html |
Volver
|