Roteirríos 2011 polos ríos bercianos (inclúe Big Jump) |
|
|
Venres, 8. Xullo 2011, 08:00
|
|
Roteirríos 2011. O Bierzo (8) 9 e 10 de xullo. |
|
|
O programa de itinerarios que dende o Proxecto Ríos denominamos Roteirríos está adicado este ano á restauración fluvial. Para a segunda saída desprazarémonos até a comarca de O Bierzo. Alí visitaremos o proxecto de restauración que o CIUDEN (Fundación Ciudad de la Energía) está a facer no pobo de Tremor e coñeceremos o Centro CIUDEN Vivero que esta mesma entidade ten adicada ao cultivo de prantas para repoboar as canteiras recuperadas.
O domingo realizaremos un roteiro no Val do Seo e celebraremos o Big Jump 2011 dandonos un baño… ou mollando os pes.
O Proxecto Ríos organiza esta actividade e coordenará as rutas do sábado e do domingo, cubrindo o seguro de responsabilidade e a cea de confraternización do sábado… o resto dos gastos (desprazamentos, aloxamento e xantar ) correrán a cargo dos e das participantes.
PROGAMA
Venres:
Aínda que as actividades programadas non comezan até o sábado a mañá, aquelas persoas que o desexen poderán ir xa o venres para non ter que facer un desprazamento tan longo o sábado.
Cearemos e pernoctaremos no Camping Val do Seo (http://www.campingvalledoseo.com)
É preciso inscribirse para coordenar o aloxamento e a cea. No camping existe a posibilidade de instalar tenda ou de reservar habitacións (a día 28 de maio quedan 8 prazas dispoñibles no albergue). Quen o desexe tamén poder buscar alternativas fora do camping.
Sábado: 09.00 Almorzo 10.00 Saída 11.00 Visita a restauración de Tremor 13.00 Afloramiento fósiles del Carbonifero en Valdesamario 13.30 Xantar en Pobladura de las Regueras 16.30 Visita Centro CIUDEN Viveiro 20.00 Volta para o camping 21.00 Cea
Domingo: 9.00 Almorzo 10.00 Roteiro polo Val do Seo 18.00 Volta para Compostela
É preciso inscribirse antes do xoves 7 as 12.00h da maña. Máis info e inscripcións: Ramsés Pérez E-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlfn: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50 www.proxectorios.org
Pódese consultar o proxecto recuperación de entulleiras en O Bierzo nun artigo de Luis A. del Riego Celada na última Cerna de ADEGA, páxinas 34 e 35. |
Volver
|