Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 80 - Custodia:...

Inverno 2018

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Artigos da revista CERNA Nº 80

O recanto das palabras

Miguel Conde

Páx. 20-22

A existencia dun nome popular dunha especie é unha axuda apreciable para a difusión dos valores da natureza. Non transmitimos o mes¬mo dicindo paporrubio que Erithacus rubecula. Tampouco ten o mesmo valor cultural para nós dicir “dentabrún” que Osmunda, aínda que as dúas sexan fáciles de pronunciar. A voz patrimonial dentabrún perpetúa unha tradición nosa de séculos, referida a unha especie vexe¬tal con uso veterinario. Osmunda é, no entanto, unha denominación coñecida só polo mundo científico1. Nesta nova sección da revista Cerna que introduce o presente artigo e que denominaremos “O recanto das palabras”, intentaremos contribuír a enriquecer o patrimonio inmaterial que envolven os nomes galegos da Natureza.

ADEGA organízase para a defensa do medio ambiente en Vigo

ADEGA-Vigo

Páx. 23-25

O pasado 23 de abril constituíuse en asemblea a nova delegación territorial de ADEGA en Vigo, conformada por socias e socios de Vigo e doutras comarcas do sur de Pontevedra. Esta constitución foi froito de reunións previas motivadas para promover accións en torno á campaña da ILP en defensa do bosque autóctono, e ideouse co obxectivo de impulsar e ampliar o diálogo crítico en temática ambiental na cidade e na súa bisbarra. ADEGA-Vigo vertebrouse en tres eixos de actuación principais: bosque e biodiversidade; auga (ríos e litoral) e cidade sostible, mobilidade e residuos, buscando detectar problemáticas ambientais e organizar accións concretas de resposta.

REVITALIZA Pontevedra: a compostaxe local dos biorresiduos

María Martínez e Carlos Pérez

Páx. 26-29

A xestión adecuada dos residuos é esencial para evitar os seus impactos negativos sobre o medio e a saúde das persoas. Empezar a considerar os residuos como un recurso que retorne ao sistema produtivo resulta fundamental, ademais dunha obriga normativa para os vindeiros anos. O proxecto REVITALIZA da Deputación de Pontevedra contempla tres eixes de tratamento en función das posibilidades da cidadanía e da distribución poboacional existente na provincia, como son a compostaxe individual ou doméstica, a compostaxe comu¬nitaria, e as plantas comarcais de compostaxe. Neste artigo descríbese a concepción e implantación inicial dos tres primeiros eixes, que conforman o que denominamos “compostaxe local”.

O caos de barreiros: visto para sentenza

Daniel López Vispo

Páx. 30-31

O pasado 14 de novembro quedaba visto para sentenza o xuízo penal contra o Alcalde do Concello de Barreiros (PP) e demais membros do equipo de goberno e contra a Arquitecta Municipal, por un presunto delito de prevaricación urbanística. Todo comezou en xaneiro do 2006 cunha Comisión de Goberno Municipal que veu outorgando licenzas urbanísticas en base a unhas obsoletas normas subsidiarias do ano 1994, a pesar das advertencias da Consellería e da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a entrada en vigor da Lei do Solo de Galicia, entón vixente.

Entrevista a Froilán Pallín Seco

Por Belén Rodríguez

Páx. 32-33

ADEGA exerce a acusación particular no caso Barreiros. Considera demostradas e inxustificables as reiteradas ilegalidades urbanísticas e agarda unha sentenza condenatoria, para o que pide un ano de prisión por cada licenza urbanística outorgada e anos de inhabilitación. Coa loita destes anos, conseguiuse paralizar a continuación destas desfeitas, pero a asociación dubida da posibilidade de restauración e denuncia a actuación recente da Xunta. Froilán Pallín Seco, secretario xeral de ADEGA, explícanos os pormenores deste xuízo e a proble¬mática ambiental e urbanística que agocha.

Entrevista a “Máis talento, menos cemento”

Por Belén Rodríguez

Páx. 34

En 2010 xurdía en Barreiros o movemento de contestación social “Máis talento, menos cemento”, do que foron integrantes Comba Campoi e Montserrat Recalde, e que desenvolveron a súa loita conscientes de que alí onde se edificou masivamente, a maioría da veciñanza apoiaba o modelo.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal