Inicio / Os venres polo futuro e o fenómeno Greta Thunberg...
20/03/2019
O estudantado galego botouse á rúa o pasado venres, 15-M, ante o chamado de Greta Thunberg, a estudante sueca de 16 anos que está a poñer na picota á clase política e aos gobernos de todo o mundo por "non facer nada para frear a crise climática". Os "Fridays for Future" chegaron tamén a Galiza, onde houbo convocatorias de folga en varias cidades e vilas galegas. O estudantado de secundaria e universitario alenta á toda a sociedade a unirse a este movemento que reclama actuar xa!