12/02/2021 [00:10:00] [6.87 MB]
Arredor do medio rural galego pivota toda a información ambiental de maior actualidade recollida neste espazo de Radio Cerna: plano forestal, lobo, gandería industrial, eólicos.... O rural galego está mudando a marchas forzadas! Escoita...
05/02/2021 [00:10:00] [6.93 MB]
Esta semana produciuse un novo fito ecoloxista: o lobo declárase especie protexida tamén ao norte do Douro, onde deixará de ser especie cinexética (tamén en Galiza). E aparece a primeira poboación ivernante de miñato real en territorio galego! Nace a plataforma estatal ALIENTE a prol da biodiversidade e fronte ás renovábeis a grande escala e, por outro lado, continúa a incesante pingueira de novos proxectos eólicos que se queren instalar nas serras galegas... Isto e moito máis no programa de hoxe de Radio Cerna.
29/01/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Benvidas a un novo espazo de Radio Cerna, espazo radiofónico promovido por ADEGA, no que repasamos a actualidade ambiental. Desta volta, recuperamos algúns clásicos: eólicos, eucalipto e lobo. Se queres ampliar información, preme e escoita...
22/01/2021 [00:10:00] [6.93 MB]
Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, e segundo no Estado, fai saltar as alarmas das que xa advertiran hai meses os ecoloxistas. Reclaman agora con maior contundencia o peche destas instalacións en todo o territorio galego, que acolle o 80% de todas as granxas de visión do Estado. A outra nova destacada da semana é o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa. Un fito histórico para os ecoloxistas e unha traición de Endesa para os políticos galegos. Todo isto e máis neste programa de Radio Cerna.
15/01/2021 [00:10:00] [6.88 MB]
Novos proxectos eólicos en consulta e novas leis en proxecto sen consulta pública con afección no territorio centran grande parte dos temas abordados no espazo Cerna de hoxe. Escoita...
08/01/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Radio Cerna volve este ano 2021 con máis información ambiental do país. Neste espazo atoparás un novo boletín informativo ambiental coas novas máis destacadas dos últimos días sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. O ecoloxismo non descansa! Preme e escoita!