Inicio / O vexetal na arquitectura: materiais, usos e...
16/01/2019
O vexetal, as plantas, sempre estiveron presentes na Arquitectura e cada vez entra máis nas tendencias actuais. Varios arquitectos e arquitectas escribiron a obra "Arquitectura Vegetal" para rachar coa idea de que os elementos naturais e o deseño arquitectónico van por diferentes camiños. María Antonia Fernández Nieto, profesora de proxectos arquitectónicos na Universidade Francisco de Vitoria de Madrid fálanos das dimensións que o vexetal ocupa nesta disciplina.