Inicio / As brigadas deseucaliptizadoras saen aos montes
18/04/2018
Nun momento no que o debate sobre o eucalipto rexorde con forza nacen as brigadas deseucaliptizadoras. A asociación ecoloxista Verdegaia crea esta figura de voluntariasdo para eliminar as especies invasoras, como eucaliptos ou acacias, nas parcelas ou montes galegos nos que os/as titulares propietarios/as dean permiso. Os grupos de traballo serán locais ou comarcais. As primeiras brigadas deseucaliptizadoras actuarán nos montes de Froxán (Lousame) esta fin de semana.