Inicio / A morte anunciada das gaiolas de salmón en Muros
09/04/2013
Dous anos despois da instalación das gaiolas de salmón atlántico na ría de Muros e Noia, a infraestrutura atópase abandonada. Sen embargo, aínda non hai un pronunciamento oficial sobre o remate do proxecto da norueguesa North West Food na ría de Muros. Armadores e ecoloxistas piden a Xunta que se manifeste e que analice ata que punto estas instalacións poideron afectar á fauna e flora mariña.