Inicio / Lugoterra: o portal do turismo natural de Lugo
22/06/2015
Lugoterra.com é o primeiro portal web para o turismo natural da provincia de Lugo. Foi elaborado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo en 2013 co obxectivo de concentrar nun único escaparate toda a oferta turística da provincia destinada a aqueles visitantes que queren gozar da paisaxe diversa e do inmenso patrimonio natural e cultural dos seus catro xeodestinos.