Inicio / Posada Marrón Glaçé, pioneira na posta en valor...
26/12/2014
Posada Marrón Glaçé é unha empresa referente na transformación e venda da castaña galega e tamén é un modelo como iniciativa emprendedora e que aproveita os recursos naturais de forma sostible. Neste espazo imos coñecela da man da súa xerente María Posada, filla do recentemente finado Xosé Posada, creador desta aventura empresarial que conserva moi boas expectativas de futuro.