Inicio / As fragas de Catasós e a liña eléctrica de Fenosa
01/12/2014
Gas Natural-Fenos e os veciños afectados pola liña de alta tensión que cruzaría unha das fragas de Catasós (Lalín) non dan chegado a acordo. Están en xogo 2.000 árbores que se virían abaixo de manterse o trazado proposto por Fenosa. A plataforma que se opón a esta salvaxe deforestación, Salvemos Catasós, pide que se soterre a liña eléctrica e que Fenosa non comece os traballos ata que non se chegue a un acordo.