Inicio / Salvemos Fontán!: a sinrazón da estrada ao porto
13/06/2013
A Xunta elixe a estrada máis impactante ambiental, social e economicamente para dar servizo ao porto de Fontán (Sada). Colectivos sociais e ecoloxistas levantáronse "en pé de guerra" contra este proxecto xa que suporía tirar abaixo un BIC (Ben de Interese Cultural) e estragar as únicas praias virxes de Sada. A campaña "Salvemos Fontán!" tamén alude á ilegalidade do proxecto, xa que vai en contra do Plan Xeral de Urbanismo do concello.