26/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A organización ecoloxista ADEGA investiga a composición de varias toneladas de verteduras arredor do polígono industrial das Somozas, en Ferrol, depositadas en terreo agrícola e de cultivo. As analíticas revelan unha elevada concentración en metais pesados e hidrocarburos que son moi prexudiciais para o solo e a saúde humana. ADEGA levará este caso á Fiscalía.
25/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA, coa colaboración da UDC, organiza un curso de verán dedicado ao deseño e xestión da conservación natural en ámbitos locais. Descubrimos os contidos do programa neste programa Cerna. Terá lugar na facultade de Ciencias da UDC durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo.
21/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Radio Cerna dedica os venres a repasar as novas ambientais de cada semana. Hoxe é un destes días, así que non o perdas, e entérate do acontecido no eido ambiental galego nos últimos días.
20/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Nace unha asociación, Espiga, que aglutina gran parte do sector da bioconstrución en Galiza e organiza o seu primeiro congreso. Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño en Viveiro co obxectivo de vincular bioconstrución e rehabilitación e de recuperar vellos materiais naturais para as vivendas como a cal.
19/06/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Diante dos recortes de servizos ferroviarios promovidos por Fomento e Renfe, o terceiro sector demanda outro modelo de ferrocarril en Galiza, que sirva para transportar viaxeiros e mercadorías en distancias curtas e medias: o tren de proximidade ou cercanías. O sindicato CGT e ADEGA avogan por este mesmo modelo.
18/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O experto no sector ferroviario de Galiza e autore de varias publicacións sobre o tren galego, Xosé Carlos Fernández, fai unha análise crítica dos recortes dos servizos de tren programados por Fomento e Renfe para este mes de xuño.