Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

18/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Terceiras “charcas con vida” de ADEGA

ADEGA segue a construír e reconstruír charcas polo país a prol do fomento da biodiversidade vexetal e animal nos ecosistemas acuáticos. "Charcas con Vida" convoca unha nova xeira de traballo voluntario para esta fin de semana, achegando a sociedade á natureza, e contribuíndo a minimizar a desaparición dos pequenos humidais. Nalgúns países europeos a súa desaparición foi drástica, chegando a minguar entre un 50% e un 80%.

17/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Presente e futuro das enerxías renovables a debate

É o momento de debater sobre o futuro das enerxías renovables en Galiza. Tras os dous últimos decretos do goberno estatal que incrementa os custos da produción e consumo de electricidade e os recortes parciais ou totais das primas, a situación virou moi difícil tanto para as empresas produtoras como para os consumidores. Nunhas xornadas organizadas mañá e pasado en Vigo polo enxeñeiros industriais galegos reflexionarase sobre este asunto. Adiantamos algo desta reflexión coa axuda de Fernando Blanco Silva, un dos organizadores.

16/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Prohibir por lei o uso do cianuro na minaría galega

Os ecoloxistas galegos reclaman ao Parlamento que prohíba o uso do cianuro nas explotacións mineiras de Galiza a través dunha nova lei. Para iso presentaron na cámara a pasada semana unha proposición de lei e outra proposición non de lei baseada nas recomedacións dunha resolución do Parlamento europeo de 2010, na que instaba aos gobernos a restrinxir o uso deste químico nocivo para o ambiente e a saúde humana.

13/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 13/09/13

Balance sobre os lumes forestais deste ano, movemento ecoloxista contra o uso do cianuro ou novidades sobre o desecado da lagoa da Frouxeira son algunhas das novas que nos deu esta semana Galiza, no ámbito ambiental. Dámos conta destas e de moitas outras neste boletín informativo.

12/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Movemento SOP, contra a obsolescencia programada

Os obxectos que consumimos poden durar moito máis tempo do que duran. A obsolescencia programada leva inventada máis de 80 anos para obrigar ás persoas a consumir máis. Pero a capacidade do Planeta para asumir residuos é limitada, polo que hai que ir pensando en cambiar este modelo de mercado. O movemento SOP (sen obsolescencia programada) é un dos colectivos que está a traballar para acabar con esta práctica. Presentámolo neste espazo Cerna.

10/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O río Miño, candidato a Patrimonio da Humanidade

Non fomos os galegos e galegas os que tivemos a iniciativa, senón o veciño Portugal. O concello de Caminha lanza a proposta de candidatar o río Miño a Patrimonio Mundial da Humanidade. Con que obxectivos? Descubrímolo co vicepresidente deste municipio ribeirán portugués co que compartimos o pai dos ríos galegos.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal