26/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Xa se dan as condicións para reconverter o actual modelo enerxético contaminantes por outro modelo máis sostible e xusto socialmente. Para impulsar este cambio e convencer vontades, nace a Plataforma estatal por un novo modelo enerxético, constituída hai preto de dous anos. Recentemente, lanzou a Campaña "desolbediencia" onde insta aos cidadáns a revelarse contra o oligopolio eléctrico de España e buscar alternativas para o seu consumo de gas e electricidade.
25/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A nova lei de Avaliación ambiental recurta os procesos de tramitación para acadar unha autorizaciónambiental, concentra nunha soa normativas varios trámites e abre a porta á mercantilización da biodiversidade. Permite a creación de "bancos de biodiversidade" ou "bancos de hábitats" cuxo significado explicamos neste programa coa axuda de Fins Eirexas de ADEGA.
22/11/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita en Radio Cerna as novas ambientais que nos deparou esta última semana. Os recursos contra a sentenza do Prestige, a xestión de residuos en Galiza e distintas actuacións nas rías galegas acapararon a actualidade ambiental destes días.
21/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Esta fin de semana, a Asociación Galega de Custodia do Territorio xunto co proxecto Life+ urogallo cantábrico, organiza unhas xornadas en Piornedo (Cervantes) para reflexionar sobre o pasado, presente e futuro da pita de monte en Galiza. Neste foro tratarase de responder á pregunta de se é posible recuperar a especie nos Ancares de Lugo e, en xeral, en toda a Cornixa Cantábrica.
Hoxe fala para Radio Cerna un dos relatores destas xornadas, Ignacio Munilla Rumbao, investigador na USC, e autor do informe "Bases para a recuperación e manexo da pita de monte na Reserva dos Ancares".
20/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Asociación cultural Ollomao de Barreiros bota a andar esta iniciativa de formación no medio rural coa finalidade de achegar os contidos de ensino superior aos habitantes do eido rural, e dar resposta ás súas inquedanzas de coñecemento. A Universidade rural de Barreiros divide a súa formación en 5 sementes ou temáticas de distinta índole que son impartidas de veciño a veciño.
19/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Nos últimos tempos, creáronse en Galiza varias iniciativas de carácter privado para achegar a formación nos valores ambientais e patrimoniais das poboacións rurais, ben como recurso para o autoemprego, ben para a instrución persoal. Hoxe e mañá coñeceremos dous destes proxectos: Rural Activo e a Universidade rural de Barreiros.