Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

05/12/2013   [00:10:00]   [5.75 MB]

Sociedades cara o residuo Cero. O caso de Italia

Máis de 200 concellos en Italia xa están a xestionar os seus residuos baixo o método "residuo cero" e o sistema de recollida porta a porta. O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar. Este sistema é factible e viable, como así o expuxo na súa videoconferencia un dos promotores do movemento e coordinador do Comité Científico de Zero Waste en Europa, Enzo Favoino. Recollemos neste espazo a súa intervención traducida por unha intérprete ao galego.

04/12/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Euskadi e Cataluña á vangarda da compostaxe en Europa

O alcalde da localidade basca de Hernani e un técnico do Consell comarcal de Pallars Sobirá (Pirineo catalán) expuxeron a súa experiencia coa compostaxe no Foro europeo cara a unha sociedade da reciclaxe organizado por ADEGA. Dous proxectos que se colocan á vangarda da xestión de residuos sostible e que son referencia en toda Europa. Se os queres coñecer, preme no play!

03/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Experiencias da compostaxe en Galiza

No Foro Europeo de Residuos organizado por ADEGA tamén se deron a coñecer algunhas das experiencias de compostaxe que se están a desenvolver en Galiza. Coñecemos en concrto a experiencia da organización ecoloxista ADEGA coa compostaxe doméstica e comunitaria (que atende a 3.000 vivendas) e a da Universidade da Coruña, que pretende xestionar os seus residuos orgánicos no propio Campus.

02/12/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

A compostaxe como única alternativa na xestión de residuos

Hoxe recollemos en Radio Cerna os testemuños de Alfonso del Val, un dos primeiros investigadores na composta do Estado, e Betariz Martín, voceira de "Composta en Red" no I Foro europeo de Residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro en Pontevedra. Ambos os dous, especilistas na compostaxe da materia orgánica xerada nos fogares, analizan a situación desta forma de tratamento dos residuos no Estado e animan ás institucións públicas a apostar por este sistema de reciclaxe.

29/11/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 29/11/13

Escoita e coñece cales foron as novas ambientais máis destacadas da semana aquí en Radio Cerna.

28/11/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

As Corcerizas, premio “Hostelling International”

Polo uso das enerxías renovables e de materiais sostibles para a construción, o centro educacional de Amigos da Terra, situado no Macizo central ourensán, vén de recibir un premio internacional. As Corcerizas gañou o segundo galardón "Hostelling International", co que se pretende mellorar a súa autosuficiencia enerxética.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal