Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

29/09/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A cova do Rei Cintolo e o seu potencial

A Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo) seguirá aberta a visitas cando menos nos vindeiros 3 anos, grazas á colaboración da Área cultura da Deputación provincial. O seu atractivo para os turistas é cada vez maior, por iso se fai preciso establecer límites de acceso e regular as visitas. Hoxe falamos deste interesante elemento patrimonial e xeolóxico de Galiza cunha das persoas que mellor o coñecen.

26/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 26/09/14

Escoita este espazo Cerna e entérate das novas ambientais máis destacadas desta semana en Galiza!

24/09/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A patronal pasteira intenta de novo fumigar masivamente o país

Desde 2012 non se tivo coñecemento de novos intentos de fumigar masivamente os eucaliptais galegos contra a praga do gorgullo ata agora. ADEGA vén de facer pública a autorización do Ministerio outorgada á Xunta e a patronal pasteira (ASPAPEL) para fumigar 17.500 Ha de territorio cun produto non deseñado para este tipo de praga. O experimento lévase realizando desde o 9 de xuño, sen que a Xunta o fixese público e sen anunciar os riscos que conleva a aplicación deste novo tóxico no ambiente.

22/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

O ecoturismo ou turismo de Natureza. Aposta de futuro.

O Ministerio de Cultura, a través do seu departamento de Turismo, e coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, quere promover o turismo de Natureza que se oferta a través dos recursos dixitais. Este tipo de turismo obriga a repensar as fórmulas de promoción do sector e a crear experiencias que sexan atractivas para un turista esixente.

19/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 19/09/14

Radio Cerna dá conta da actualidade máis destacada da última semana no eido ambiental.

17/09/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

III Foro de reflexión sobre a custodia do territorio galego

A vindeira semana comeza o III Foro de reflexión sobre a custodia do territorio organizada pola Fundación Fragas do Mandeo. Este programa de actividades conta con charlas e conferencias sobre aspectos a custodiar da comarca As Mariñas-Betanzos, sobre todo referidos á custodia fluvial, así como diversas actividades de voluntariado ambiental. Como novidade, preséntase a celebración da primeira eco-regata polo río Mandeo.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal