Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

04/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Educando a veciñanza do Barbanza na xestión sostible de residuos

Charlas, obradoiros, talleres, ecoauditorías e outras actividades forman parte do programa de ADEGA "O lixo desde o teu concello" para concienciar á poboación do Barbanza na xestión sostible do lixo. O programa, que xa comezou, desenvolverase durante todo o ano 2015 tanto a través dos concellos como de entidades culturais, ambientais, educativas, etc.

02/02/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Na defensa do patrimonio e a dignidade de Triacastela

Recollemos neste espazo a visión da Asociación socio-cultura O Iribio, participante no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA, sobre o impacto da actividade mineira no Patrimonio de Triacastela, así como nos recursos de vida dos seus habitantes. Tamén dá conta da difícil situación na que se atopa arestora a preservación da Cova de Eirós.

30/01/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 30/01/15

Escoita as novidades máis relevantes do panorama ambiental galego a través deste espazo de Radio Cerna!

28/01/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Mariñapatrimonio, un modelo na defensa do Patrimonio

Mariñapatrimonio fixo un repaso da súa historia e dos pasos que deu nos últimos anos para defender moitos dos elementos patrimoniais desta comarca litoral da provincia de Lugo. A súa experiencia é un exemplo de como a sociedade civil se pode especializar na posta en valor dos bens culturais e ambientais comúns. O colectivo participou no I Encontro "Mobilización social en defensa do Patrimonio" celebrado por ADEGA recentemente.

26/01/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

A contribución do Patrimonio á sociedade

Defender o Patrimonio pode contribuír a cohesionar a sociedade, favorecer a identidade e ofrecer unha oportunidade máis de desenvolvemento sustentable. No espazo Cerna de hoxe analizamos as vantaxes do Patrimonio e da súa reivindicación para a sociedade e o ambiente da man do profesor universitario Ricardo García Mira. A súa intervención tivo lugar no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA o pasado 16 de xaneiro.

23/01/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 23/01/15

Descubre con Radio Cerna cales foron as novidades no panorama informativo ambiental de Galiza, nos últimos días!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal