Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

23/02/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os santuarios animais de Galiza. A experiencia de Vacaloura

Desde 2013, Galiza existen dúas experiencias de "santuarios animais", refuxios de animais que son respectados e tratados desde a filosofía antiespecista e veganista. Hoxe, en Radio CERNA, coñecemos a experiencia do Santuario animal de Vacaloura de Santiago de Compostela.

20/02/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 20/02/15

Neste boletín informativo ambiental escoitarás o resumo das novas máis destacadas no eido ambiental e ecoloxista de Galiza da última semana!

18/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

I Xornada sobre maltrato animal en Compostela

Será o vindeiro sábado 21 de febreiro na Casa do Peixe do barrio compostelán do Sar. ABEIRO e ADEGA organizan a primeira xornada sobre maltrato animal onde convidan a reflexionar sobre o actual repunte de casos de maltrato animal nesta área de Santiago e, en xeral, sobre as medidas a adoptar contra este tipo de delitos. No encontro participarán grande parte dos colectivos galegos cuxa principal misión é a defensa animal. A xornada completarase cunha concentración por "Calcetíns" e un obradoiro de cociña vegana.

16/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Informe anual de Proxecto Ríos 2014

O estado de saúde dos ríos galegos empeora, segundo o informe anual de Proxecto Ríos para o ano 2014. Este documento analiza os resultados das inspeccións de ríos feitas por persoas voluntarias nas campañas de primavera e outono. Nestas inspeccións avalíanse varios parámetros de saúde dos efluentes: calidade das augas, do hábitat, da ribeira, etc. Coñece en que estado se atopan con Proxecto Ríos e ADEGA neste espazo de Radio Cerna!

13/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 13/02/15

Escoita o repaso das novas ambientais de Galiza máis resaltables desta semana. Non o perdas!

11/02/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os comedores infantís ecolóxicos. A experiencia de A Caracola

Neste espazo coñeceremos o comedor ecolóxico da Escola municipal da Coruña A Caracola. É unha experiencia de referencia en Galiza de alimentación saudable e ecolóxica para os máis pequenos. Tras 5 anos de traxectoria, o seu modelo de alimentación e educación consegue espertar a curiosidade das nais e pais máis preocupados pola alimentación das súas crianzas. Explicaranos en que consiste a directora da Caracola, Beatriz Ferreira.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal