30/11/2023 [] [7.12 MB]
Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o dereito dos pobos a vivir nunha contorna digna e sa. Outes será o primeiro concello en recoñecer os dereitos dun río. Isto e máis, en Radio Cerna!
23/11/2023 [] [7.20 MB]
A coordinadora Eólica Así Non mobiliza centos de persoas fronte ao Parlamento de Galiza contras as leis do PP que entregan o país definitivamente ao capital privado. A Xunta de Galiza retira o permiso que lle concedeu á mina de San Finx para verter augas contaminadas. Un estudo coordinado por ADEGA duplica o número de especies botánicas coñecidas na Illa de Tambo. E ademais, a Comisión Europea permite o uso do glifosato unha decada máis. Estas son algunhas das noticias de máis actualidade que tratamos neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!
16/11/2023 [] [7.27 MB]
A Xunta de Galiza deixa maioritariamente en mans privadas a nova sociedade mixta para impulsar proxectos de renovables, da que formarán parte empresas como Abanca, Ence ou Finsa. Fronte á política eólica da Xunta, a coordinadora Eólica Así Non convoca a sociedade galega a unha nova concentración fronte ao Parlamento de Galiza. Ademais, a Xunta acepta a Ence na Alianza Galega polo Clima. Puxeron o raposo a coidar das galiñas, di a APDR. Tamén esta semana a SGHN reclamou que a gaivota sexa considerada especie vulnerable en Galiza; e un estudo confirma que millóns de microplásticos caen do ceo cada día. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
09/11/2023 [] [7.09 MB]
Terremoto político en Portugal por presunta corrupción en dúas minas de litio na fronteira con Galiza. Aquí, Amancio Ortega ultima a compra do 49% dunha megacarteira de renovables de Repsol. Inditex, ademais, érguese como unha das marcas máis contaminantes con toneladas de roupa transportadas por avión, segundo unha recente investigación. No mar, vén de acabar a campaña marisqueira máis curta da historia na ría de Muros e Noia; e o mundo da apicultura reclama á Xunta a creación dun comité específico para a loita contra a velutina. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna!
02/11/2023 [] [7.22 MB]
Unha empresa andaluza proxecta tres parques eólicos fronte á costa da Mariña; e en terra, máis de 80 profesionais e grandes figuras da cultura e ciencia asinan o Manifesto Acibal contra o espolio eólico dos montes. Ademais, 21 explotacións mineiras en Galiza están en situación irregular, segundo o Observatorio Ibérico da Minaría. Tres sociedades científicas denuncian os impactos ambientais do proxecto de modernización dos sistemas de rega na Limia; e a UNESCO tacha a iniciativa de praia fluvial sobre o Miño de "acción destrutiva". Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!
27/10/2023 [] [7.09 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente o polígono Acibal, situado en Barro, Campo Lameiro e Moraña. Esta sentenza supón un novo golpe xudicial para a política eólica da Xunta nun momento no que manobra coa lei para procurar "blindar" o seu modelo a través das declaracións dos proxectos de "interese público superior". Mentres, a campaña Ti Podes Paralos! lanza un novo desafío para frear o P.E. Zamorra, en Agolada. Mantense a guerra aberta entre a Xunta de Galiza e o Goberno español a conta das competencias sobre o litoral; e o xacinto de auga ameaza a biodiversidade galega. Todo isto e máis, en Radio Cerna!