01/08/2024 [10:00:00] [7.11 MB]
O Tribunal Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra. A ola de calor provoca 33 falecementos da última semana de xullo en Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para recorrer nos tribunais un proxecto eólico en Lugo e Castroverde. Aparecen pequenas bólas de chapapote en diferentes praias galegas, sobre todo no litoral da Mariña Lucense. Isto e máis, en Radio Cerna!
18/07/2024 [] [7.11 MB]
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o proxecto de instalación dunha planta de biometano no monte veciñal de Coeses. Isto e máis, en Radio Cerna!
04/07/2024 [] [7.14 MB]
Rueda nega unha reunión á veciñanza da Ulloa sobre a macrocelulosa de Altri e volve cargar contra as persoas manifestantes. No medio do debate polos impactos de Altri, Ence emite un comunicado coas supostas vantaxes ambientais da planta de reciclado de fibras téxtiles que quere implantar nas Pontes. Ence, Altri... e polo medio, unha Galiza que concentra máis da metade do eucalipto do Estado, segundo un estudo da USC e UVigo. Ademais, a Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo acadan os 6.000 euros necesarios para preservar e protexer a parcela histórica de Santo Estevo de Ermo na Mariña. Isto e máis, en Radio Cerna!
27/06/2024 [10:00:00] [7.16 MB]
O proxecto de Altri en Palas provocará danos irreversibles sobre flora única no mundo. ADEGA e investigadores da USC rexeitan a instalación desta macrocelulosa e piden ás institucións galegas, españolas e europeas que defendan o patrimonio natural. A Xunta de Galiza prepara unha nova lei para simplificar a normativa de tramitación ambiental e tamén declara proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael no Pino e Touro. En materia eólica, a plataforma Eólicos no Morrazo NON denuncia que máis do 80% das mámoas rexistradas no Morrazo están ameazadas polos polígonos eólicos proxectados.
20/06/2024 [10:00:00] [7.14 MB]
Bruxelas alerta o Estado español de que debe evitar a deterioración do encoro de Portodemouros que abastecerá a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela fai público o seu rexeitamento á factoría e adhírese ao manifesto en defensa da flora e fauna ameazada por Altri. A Xunta de Galiza oculta desde xaneiro a solicitude dun novo megaproxecto mineiro en Touro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acorda a suspensión cautelar de 49 proxectos eólicos no que vai de ano. Isto e máis, en Radio Cerna!
13/06/2024 [10:00:00] [7.13 MB]
Chamado a rodear a Xunta contra a macrocelulosa de Altri o próximo domingo, 30 de xuño. A Xunta aproba a utilidade pública do proxecto eólico Neboada, que ADEGA recorreu e solicitou a súa paralización cautelar no TSXG. Ademais, o tribunal galego anula o permiso da Xunta á única mina de coltán de Europa, en Viana do Bolo. A Fundación Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo de Ermo procuran fondos para recuperar e protexer un espazo privilexiado na Mariña.