Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/10/2024   []   [7.15 MB]

Boletín informativo ambiental 03/10/24

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a creación dunha comercializadora eléctrica, que a oposición cualifica como puro márketing. Altri recoñece que a macrocelulosa no Ulla non ten encaixe en ningún dos Proxectos Estratéxicos de Recuperación e Transformación Económica (Perte) lanzados polo Goberno do Estado. O eucalipto aumentou un 48% nas Fragas do Eume despois de ser declaradas Parque Natural. Máis de 800 persoas voluntarias ao longo de toda Galiza recolleron este pasado domingo case 8 toneladas de lixo no marco da Limpeza Simultánea de Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!

26/09/2024   [10:00:00]   [7.14 MB]

Boletín informativo ambiental 27/09/24

Sogarisa e Sogama sitúan Galiza no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos. O eucalipto ocupa o 14% do territorio total en Galiza, e case un 30% da súa extensión forestal. A Unión Europea sucumbe ás presións do sector da caza e gandeiro e rebaixa a protección do lobo. ADEGA e Proxecto Ríos poñen a punto a Limpeza Simultánea de Ríos 2024 en toda a xeografía galega para este domingo, 24 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

19/09/2024   [10.00.00]   [7.13 MB]

Boletín informativo ambiental 20/09/24

Graves incendios forestais en Portugal. Os negocios turísticos móstranse preocupados pola macrocelulosa de Altri. O TSXG paraliza cautelarmente 59 proxectos eólicos en 71 concellos; e a organización ecoloxista ADEGA pon a disposición un modelo de alegación a outro proxecto eólico fotovoltaico na Ribeira Sacra. En materia de mobilidade, as cidades galegas viven o inicio dun cambio de modelo, con menos coches e máis bicis e VMP. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

12/09/2024   [10:00:00]   [7.16 MB]

Boletín informativo ambiental 13/09/24

O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o freo cautelar do proxecto eólico Neboada, no Courel e na Ribeira Sacra. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

05/09/2024   [10:00:00]   [7.13 MB]

Boletín informativo ambiental 06/09/24

Novos incendios forestais en Crecente e na Baixa Limia. Xa en vigor a primeira lei europea que obriga os Estados a restaurar a natureza e non só protexela. O Goberno do Estado autoriza dous proxectos eólicos nas comarcas do Eume, A Mariña e Ortegal. A Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita canda nós as novas medioambientais máis importantes da semana!

08/08/2024   [10:00:00]   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 09/08/24

Xa son 52 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polos seus posibles danos sobre o medio ambiente. Entre eles, a instancias de ADEGA, o alto tribunal freou o proxecto eólico Xesteirón, Valdepereira e Xeada nos últimos días. No cerne destes logros está a campaña de recadación #TiPodesParalos. Noutra orde de cousas, a Xunta avala as medidas propostas por Altri para paliar o seu impacto paisaxístico. E para rematar, unha boa nova: Ames, modelo europeo de loita contra o lume polas súas accións de prevención de incendios. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal