11/02/2013 [00:10:02] [5.75 MB]
A Iniciativa Lexislativa Popular a favor da redución, reutilización e reciclaxe en Galiza conseguiu as sinat uras necesarias para refrendra o apoio do pobo ante o parlamento, mesmo se rebasou en 6.000 sinaturas o obxectivo. Agora será o Parlamento o que decida se o texto lexislativo se debate ou non pola Cámara que nos representa. Segundo a Comisión promotora da ILP, o Parlamento non ten máis remedio que debatir sobre o futuro da xestión do lixo en Galiza e propor alternativas á incineración.
08/02/2013 [00:10:01] [5.74 MB]
Descubre neste espazo de Radio Cerna cales son as novas máis impactantes desta semana no eido medioambiental galego.
07/02/2013 [00:10:02] [5.75 MB]
No programa anterior versabamos sobre o proxecto Indemares, que trata de identificar as áreas mariñas do Estado con potencialidades para ser protexidas como Rede Natura. De Galiza só participou neste proxecto a CEMMA, como entidade asociativa sen ánimo de lucro. Hoxe coñecemos cal foi o seu papel en Indemares e que foi o que atopou na área a protexer máis próxima a nós, o Banco de Galicia.
06/02/2013 [00:10:02] [5.74 MB]
Indemares é o proxecto máis ambicioso do Estado no estudo de áreas mariñas a protexer pola Unión Europea. Trata de identificar as áreas máis sensibles e interesantes dos nosos mares para que sexan declarados como Rede Natura. A Fundación Biodiversidade coordina este proxecto que rematará no presente ano.
05/02/2013 [00:10:02] [5.75 MB]
A educación ambiental en Galiza vive as súas horas máis baixas. A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) analiza o estado da cuestión de xeito negativo, pero quere imprimir esperanza e seguir loitando para que no futuro este ámbito educativo da sociedade volva adquirir importancia.
04/02/2013 [00:10:01] [5.74 MB]
Logo de 8 anos desde que Fraga autorizase a piscifactoría de Acuinor en Rinlo, e logo de 4 anos desde que a granxa de Ramón Álvarez Cascos fose declarada ilegal e o tribunal lle dese a razón a ADEGA, celébrase o primeiro xuízo penal en Galiza contra un funcionario da Xunta por asinar un informe ambiental favorable a esta instalación dentro dun espazo de Rede Natura. Neste caso, ADEGA tamén exerceu de acusación particular. A Fiscalía solicita 4 anos de prisión e 12 anos de inhabilitación para o imputado.