Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

20/02/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Delegados europeos a poucos metros de Reganosa

A ría de Ferrol foi o segundo enclave do litoral galego que visitou a delegación parlamentaria da Unión Europea. Por primeira vez poideron observar de xeito directo a localización de Reganosa no interior da ría e comprobar os riscos que ten. O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol aseguran que os eurodeputados quedaron alarmados.

19/02/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Europa mira con lupa o saneamento da ría de Vigo

A partir de hoxe ata o venres analizaremos con varios colectivos e plataformas como versou a visita dos eurodeputados ás rías galegas para comprobar sobre terreo o seu estado de contaminación e degradación. Hoxe comezamos por avaliar a visita á ría de Vigo coa plataforma que se encarga da súa defensa.

18/02/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A xustiza falla a favor da paralización das obras de Valdoviño

É un dos casos galegos máis paradigmáticos no incumprimento da lexislación ambiental e urbanística. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza bota abaixo as pretensións de construción dunha urbanización de chalés e dous hoteis na costa de Valdoviño, en zona protexida con varias figuras legais ambientais e patrimoniais. ADEGA manifesta a súa satisfacción, aínda que o fallo é recurrible.

15/02/2013   [00:10:01]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/02/13

A visita dos eurodeputados ás rías galegas foi a nova ambiental máis relevante da última semana, pero se queres que outras noticias nos deixaron os últimos días sobre medio ambiente e ecoloxía, escoita este espazo CERNA.

14/02/2013   [00:10:01]   [5.74 MB]

A idea do “procomún” nos montes veciñais

Neste programa CERNA descubriremos cal é a filosofía do "procomún" e como pode ser aplicada nos montes veciñais. Un grupo de colectivos enzarzan os seus traballos para crear o proxecto "Sachando procomún" que, entre outras finalidades, intenta achegar as novas teconoloxías ás comunidades de montes e crear foros de investigación sobre esta parte do territorio que resulten innovadores e multidisciplinarios.

13/02/2013   [00:10:02]   [5.74 MB]

O oso pardo xa está asentado en Galiza

A organización FAPAS confirma a presenza en Galiza de unha osa e dúas crías na comarca dos Ancares lugueses, no concello da Fonsagrada. Este dato esperanzador sobre o espallamento do oso pardo no noroeste peninsular significa que en Galiza xa se conseguiu asentaresta especie en perigo de extinción.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal