08/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
As novas ambientais da semana en Galiza están dispoñibles para escoitar. Entérate de como lle foi á natureza galega nos últimos días...
07/03/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Unha asociación estudantil de Lugo, formada por alumnos e alumnas de Veterinaria, organizan por primeira vez unhas xornadas de protección animal e medio ambiente para esta fin de semana. Neste espazo coñeceremos as temáticas a tratar nestas xornadas, os seus obxectivos e quen van ser os relatores/as.
06/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Este mexillón de Nova Zelanda descubriuse hai poucos anos nas rías do sur de Galiza, pero estase a estender xa ás rías medias. Constitúe unha seria ameaza para o sector mexiloeiro e imos saber porqué neste programa coa axuda do biólogo mariño, Alexandre García.
05/03/2013 [] [5.74 MB]
Esta é a pregunta á que debe responder a Xunta diante dos proxectos mineiros que solicitan a explotación de terras de Galiza eminentemente produtivas en alimentos. As dúas actividades na mesma terra son incompatibles, por iso, da decisión que tome a Xunta, vai depender o futuro de zonas agrarias como A Limia ou a Terra Chá. Escoitamos a análise que fai desta dicotomía o Sindicato Labrego Galego.
04/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Os proxectos da minaría emerxente non son os únicos que constitúen a nova era do sector en Galiza. Outros proxectos extractivos de minerais máis comúns están a constituírse como ameaza de zonas agrogandeiras de Galiza tremendamente produtivas. É o caso da Limia, que agora se enfronta aos intereses dunha empresa castellonense que pretende explotar feldespato na zona onde se produce o 90% da pataca con indicación xeográfica de Galiza.
01/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita neste espazo Cerna cales foron as noticiais do eido ambiental galego máis relevantes da última semana. En 10 minutos contámoschas todas!