15/04/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Unesco recomenda dispoñer medidas de protección natural da biodivesidade que habita nas cidades Patrimonio da Humanidade. Seguindo esta recomendación, SEO/Birdlife e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España veñen de asinar un convenio para protexer e conservar o patrimonio xunto co patrimonio cultural.
12/04/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita este espazo e coñece as novas ambientais que sobresaíron esta última semana aquí en Galiza.
11/04/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
“A cultura dos pazos en Galicia” é como se titula o proxecto de investigación que está a levar a cabo o Consello Superior de investigacióins científicas e que analiza en termos xerais a orixe, traxectoria, influencia, estirpes de cada un deles. Recentemente, o CSIC publicou os primeiros resultados desta investigación a través do libro “O pazo de Tovar: espazos, perspectivas e tempos”, e no que colaboraron historiadores da USC e do propio CSIC. O editor deste libro, Carlos Andrés González Paz, adiántanos algunhas pecualiaridades da cultura dos pazos galegos.
10/04/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Cova de Eirós de Triacastela está a ser unha revelación da evolución humana e natural da historia de Galiza. Nesta cavidade habitaron os osos das cavernas, os homo sapiens e o home do Neandertal e foi lugar de representacións simbólicas. Na Cova de Eirós aparecen as primeiras pinturas e gravados de Galiza.
09/04/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Dous anos despois da instalación das gaiolas de salmón atlántico na ría de Muros e Noia, a infraestrutura atópase abandonada. Sen embargo, aínda non hai un pronunciamento oficial sobre o remate do proxecto da norueguesa North West Food na ría de Muros. Armadores e ecoloxistas piden a Xunta que se manifeste e que analice ata que punto estas instalacións poideron afectar á fauna e flora mariña.
08/04/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O encoro de Belesar cumpre 50 anos do río Miño, pero pouco se coñece da súa historia. O escritor e xornalista Alfonso Eiré, consciente desta eiva de contido na nosa historia documentada, realizou a súa propia pesquisa. Neste programa desvelará algúns dos segredos mellor gardados do encoro de Belesar.