Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

02/05/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Vigo estrea supermercado ecolóxico

Nace o primeiro supermercado ecolóxico na cidade de Vigo. A iniciativa parte dunha parella de vigueses que, tras descubrir unha intolerancia á lactosa e ante a dificultade de atopar concentrados preto do consumidor todos os produtos ecolóxicos, deciden montar este negocio. Falamos con eles.

30/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O porto deportivo de Cangas, anulado pola Xustiza 8 anos despois

A empresa Residencial Marina Atlántica obtivo hai preto de 8 anos unha concesion para urbanizar o Salgueirón (onde está a antiga fábrica de Massó) e construír un porto deportivo sobre unha zona de pesca e marisqueo e en solo industrial. Agora o Supremo anula esa concesión outorgada no seu día pola Autoridade portuaria de Vigo que foi denunciada pola Confraría de Pescadores de San Xosé de Cangas. Pero a crise xa fixera esmorecer o proxecto antes que a Xustiza.

29/04/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Minaría versus agricultura na comarca de Compostela

Tras a frustrada explotación de varias canteiras de cuarzo de Erimsa na Terra Chá, a multinacional dirixe agora os seus propósitos cara a comarca de Compostela. O Sindicato Labrego Galego xa presentou alegacións a un proxecto que afectaría a 8.000 hectáreas, na súa maioría destinadas ao aproveitamento agrogandeiro. O SLG considera incompatible a explotación mineira de Erimsa coa actividade agrogandeira da comarca.

26/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 26/04/13

Recollemos neste espazo o boletín informativo con todos os acontecementos relativos ao medio natural e ao ecoloxismo galego na última semana

25/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Grupo Naturalista Hábitat: conservar a través da ciencia

Neste espazo coñeremos ao grupo naturalista Hábitat. O presidente de Hábitat contaranos que tipo de actividades realiza no plano activista, divulgativo ou formativo. Tamén nos falará dos "Encontros naturalistas" que organiza Hábitat cada mes.

24/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Primavera ambiental da Universidade da Coruña 2013

A Universidade da Coruña e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizan a Primavera ambienta da UDC 2013 co obxectivo de concienciar e sensibilizar a comunidade universitaria no coidado medioambiental.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal