10/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste boletín escoitarás as novas máis relevantes no eido ambiental desta semana. Non te quedes sen coñecelas!
09/05/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
Boa noticia para as abellas e, por tanto, para a humanidade. A UE prohíbe 3 pesticidas de uso masivo que están a acabar coas colmeas de abellas de toda Europa. É unha prohibición limitada por 2 anos e a partir do 31 de decembro deste ano. Falamos cun representante da Asociación Galega de Apicultores sobre este fito histórico.
08/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA colabora coa ONG Equus Zebra na recollida de roupa usada para a súa reciclaxe, apostando pola nova vida dos residuos. A partires de agora, as sedes de ADEGA en Santiago e Lugo serán puntos de recollida de calzado e roupa. Neste espazo coñeceremos que destino teñen estes "residuos".
07/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Ás veces, os métodos convencionais para a descontaminación do solo son agresivos co propio solo. Por iso, nos últimos tempos estanse investigando outras técnicas máis respectuosas co medio natural como é a fitoconstrución. Unha tese do IIAG revela como utilizar algunhas especies vexetais para loitar contra a contaminación do solo por metais pesados. Falamos coa súa autora, Cristina Becerra Castro.
06/05/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
A gralla pequena vén de ser elixida pola Soiedade Galega de Ornitoloxía como Ave do ano 2013. Un estudo de Xurxo Mouriño puxo de relevo a diminución da poboación galega de gralla pequena nos últimos anos. Pese a que é unha ave común, a súa actual situación preocupa aos ornitólogos que a declaran ave do ano para facer un chamamento de atención.
03/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a actualidade ambiental de Galiza neste espazo de radio.